Propostas programáticas

Compete ao ámbito público crear as condicións que faciliten o emprendedorismo, a iniciativa individual e o investimento productivo introducindo reformas e baixando impostos con este fin, reducindo gastos innecesarios que premitan manter os servizos esenciais como a sanidade e a educación. Eis as nosas propostas:

1. Reforma do sistema autonómico:
a. Aumentar o grao de autonomía das Comunidades Autónomas.
b. Adopción do federalismo fiscal, seguindo o modelo da República Federal de Alemaña.

2. Rexeneración democrática:
a. Supresión subvencións aos partidos políticos e aos medios de comunicación privados.
b. Reforma da Lei Electoral para convertela nunha norma xusta e que ofreza igualdade de oportunidades a todos os partidos.
c. Estatus de independencia dos medios de comunicación públicos.
d. Reforma do código penal para aumentar as penas por todos aqueles delitos cometidos polos servidores públicos no exercicio das suas funcións.

3. Reforma Educativa:
a. Propomos manter o volume de gasto en educación procurando a mellora da sua baixa eficiencia actual.
b. Potenciación da Formación Profesional.
c. Introdución do Cheque Escolar na educación primaria e secundaria.
d. Fomentar a competencia no sistema universitario.

4. Reforma do sistema de saúde:
a. Mantemento dos servizos sanitarios reducindo o seu custo mediante a aposta decidida polos medicamentos xenéricos cando sexa posible.
b. Apostar pola introdución do cheque sanitario que permite ao paciente escoller.
c. Impulsar melloras en eficiencia dos recursos empregados.

5. Combate á corrupción:
a. Instauración dunha lei anticorrupción seria, que inhabilite de por vida ao político e ao empresario implicado en caso de suborno para poder concorrer a calquera concurso público.
b. Instauración do método de poxa ou subasta sempre que sexa posible como medio non manipulable de adxudicación pública.

6. Desregulación e política da concorrencia:
a. Introdución de medidas que garantan unha competencia efectiva en sectores que hoxe non a teñen como o das gasolineiras ou o das farmacias.

7. Reforma da lei de propiedade intelectual:
a. Supresión do canon dixital.
b. Eliminación da taxa das sociedades de autores á reprodución de música e imaxes en establecementos públicos,
c. Controlar ás sociedades de autores e editores para evitar o seu abuso de posición dominante.

8. Reforma do mercado de traballo:
a. Acabar coa dualidade do mercado de traballo instaurando o contrato de traballo único cun fondo de capitalización individual para cada traballador do que se cobraría o desemprego e que o traballador iría acumulando, no caso de non gastalo, ao longo da sua vida laboral.
b. Facilitar a contratación.
c. Profundar na descentralización da negociación colectiva.
d. Desxudicializar as relacións laborais.

9. Redución do gasto público:
a. Controlando os gastos correntes das administracións públicas.
b. Eliminando entidades públicas superfluas.
c. Reducindo drasticamente as subvencións aos axentes económicos.
d. Pospondo os investimentos públicos innecesarios.

10. Racionalización do gasto público
a. Fusionando as tres universidades galegas nunha soa.
b. Apostando por un aeroporto central en Galicia que aporte maior produtividade e conectividade á nosa economia.

11. Racionalización das administracións públicas:
a. Eliminando as deputacións provinciais.
b. Reducindo significativamente o número de concellos.
c. Eliminando as delegacións do goberno central e das autonomias.
d. Reformando o senado para convertelo nunha auténtica cámara de representación territorial das nacións que integramos España, reducindo á metade o número de senadores.
e. Eliminando duplicidades entre administracións.

12. Reforma fiscal:
a. Reducción da imposición sobre as rendas do traballo, elevando o mínimo exento no IRPF ata os 15.000 € anuais.
b. Simplicación do sistema fiscal co obxectivo de facilitar a loita contra a fraude, eliminando as desgravacións que complican o sistema e facilitan a fraude e creando tipos únicos máis baixos, para o IRPF, propomos un tipo único do 25% aplicable a partir do mínimo exento.
c. Reestruturación da imposición sobre o capital, gravando mais a distribución de lucros e menos a renda das empresas, é dicir, aumentar a imposición aos dividendos e baixar o imposto de sociedades ata o 20%.