Converxencia XXI abre un canal en Youtube

Converxencia XXI dá un novo paso na súa estratexia de comunicación abrindo un canal en Youtube onde publicaremos os nosos videos.
Desta maneira ampliamos a nosa presenza nas redes sociais despois do éxito da noso grupo en Facebook, onde xa somos o segundo partido galego por número de seguidores despois de superar a cota dos 900 siareiros no mes de abril, www.facebook.com/converxencia
Estades todos invitados a ver e difundir os nosos videos pola rede. Estamos en http://www.youtube.com/user/converxenciaxxi



