Resolución conflicto Alakrana. Agora é o momento de facer política.
CXXI respaldou sen fisuras a acción de goberno con respecto ao conflicto que afectaba a varios mariñeiros galegos en augas de Somalia. A responsabilidade dun partido democrático que cree no estado de dereito impidiu a CXXI pronunciarse en contra da postura adoptada polo goberno de Rodríguez Zapatero, entre outras cousas, porque a vida de varios compatriotas estaba en xogo.
CXXI non entende como se pode facer política con temas de este calado en plena crise. Un goberno e a súa oposición non pode dar a imaxe de división que se transmitiu a través de todos os medios do mundo. É lamentable, unha vez máis, ollar como a disputa partidista non ten freo de ningún tipo. A irresponsabilidade parece non ter límites por parte dos máximos dirixentes do PP.
Agora que o conflicto está resolto positiva e pacíficamente é o momento de facer balance. É agora cando os partidos democráticos han de crear o debate, nunca antes.
Neste senso, CXXI quere chamar a atención sobre a incapacidade do Estado Español para enviar as Forzas Armadas á zona e prestar os seus servizos de seguridade, en vez de contratar mercenarios doutras nacionalidades. ¿Non é certo que son as vidas dos cidadáns españolas as que están en xogo? ¿Non é certo que a nacionalidade é un factor, neste caso, fundamental para ser apresado, posto que, entre outras cousas o Estado Español paga o chantaxe e non responde coa forza ante un ataque?
As Forzas Armadas contribúen moi positivamente á pacificación doutras zonas no mundo, postura que comparte totalmente CXXI (baixo o mandato da ONU), asumindo todo tipo de riscos, económicos, personais, ... polo que debería ter a capacidade de defender a vida dos que, entre outras cousas, contribúen cos seus impostos á súa existencia.
Por suposto, CXXI considera que unha vida humana é máis importante que 4 millóns de Euros, pero non se pode permitir que a imaxe que se transmita é que o Estado Español nin se defende e sempre paga. A descoordinación do goberno, a sensación de improvisación e de claudicación ante a chantaxe non coloca ao Estado nunha posición de prestixio internacional onde, por dereito propio, debería estar.



