Reforzamento da democracia

Ideario

Converxencia aposta por un modelo transparente de financiamento dos partidos políticos . O modelo dos Estados Unidos é exemplar neste sentido, todo o mundo sabe de onde procede o diñeiro que se gasta nas campañas e o importe que se gasta. Aquí non sabemos de onde proceden as inxentes cantidades de diñeiro que se gastan, nin sabemos os favores que haberá que devolver despois desde o poder. O problema é o escurantismo e contra isto só hai unha receita: a transparencia.

Deben implantarse sistemas de voto electrónico que eviten situacións antidemocráticas como a coacción ou a carretaxe de votantes, que aínda continúan a acontecer.

Canto aos medios de comunicación consideramos que debe aplicarse unha política de intervención cero. Uns medios de comunicación independentes e libres son a base de calquera democracia que queira aspirar á excelencia.

O modelo a seguir na CRTVG é o da BBC, un medio público e alleo ao control do gobernante de quenda.