Por unha sociedade civil forte

Ideario

Necesitamos unha sociedade civil cada vez máis forte como medio fundamental para impulsar a riqueza e a democracia. Temos que acreditar que a iniciativa das persoas en todos os ámbitos ten que xogar o papel máis destacado. A administración ten que centrarse en crear o mellor caldo de cultivo para que todas as iniciativas dos individuos teñan as maiores hipóteses de sobrevivir. Este caldo de cultivo está composto pola aposta forte polas infraestruturas fisicas e tecnolóxicas, pola posta en valor de recursos estragados e polo forte apoio a quen aposta por un futuro mellor.

É básico que desde os poderes públicos se encete un labor serio de fomento da cultura emprendedora operando desde todos os ámbitos pero sobre todo desde o cultural que é, neste sentido, a nosa carencia máis grave. A educación xoga un papel fundamental nisto. Desde os niveis básicos da escola hai que organizar visitas a colexios de emprendedores exitosos, de xogos de empresa e multiples actuacións que haberia que estudar polo miudo. Compre un plan global extraordinariamente ambicioso que faga que a nosa xente considere cada vez mais como o referente a seguir o dos empresarios que guiados polo ánimo de lucro xeran riqueza para eles e para toda a sociedade. Neste sentido, a cultura norteamericana é o modelo a imitar. Os emprendedores nos EUA son referentes sociais e non hai tanto medo ao fracaso porque o emprendedor fracasado é visto como un valente que pode resurxir en calquera momento.