Vontade de ser

Ideario

A construción de Galicia ten que ser un acto voluntario do pobo galego na busca dun futuro mellor para os nosos descendentes e para nós mesmos.

Para calquera acto volitivo ou de vontade é necesaria unha motivación que empurre por ela. Non é posible, e moito menos desexable, a execución dunha visión determinada. O que si é posible é convencer mediante a acción e o discurso político a unha parte maioritaria da cidadanía para que crea conveniente e positiva a posta en práctica desta visión.

Unha cadea de imposicións que duraron séculos leváronnos á delicada posición na que agora estamos en termos relativos: agora que ninguén nos impón nada só temos que varrer o pouso negativo das imposicións pasadas.